CRTVG

Buscar

Cristina Fernández xa non é presidenta de Arxentina

Publicado o 10/12/2015 08:34

Unha xuíza arxentina ditaminou que a presidenta saínte finalizase o seu mandato na media noite de onte

Decisión inédita e sorprendente na Arxentina. A xustiza do país austral aceptou a medida cautelar solicitada por Mauricio Macri, o presidente electo, e ditaminou que Cristina Fernández debería finalizar o seu mandato este mércores ás doce da noite, 4 da mañá en Galicia.

Isto supón un novo paso na atropelada transición que vive o país, marcada polo nulo entendemento entre o Goberno de Cristina Fernández e o de Mauricio Macri. 

Nun novo pulso ao macrismo, a militancia oficialista despediu multitudinariamente a arestora ex-presidenta, que tras inaugurar na Casa Rosada un busto do falecido Néstor Kirchner, asegurou que lle gustaría entregar os atributos presidenciais a Macri e sinalou tamén que ningún arxentino se merecía un presidente por decreto.  

"Teño visto moitas medidas cautelares, pero pódolles asegurar que na viña vida pensaría que ía ver un presidente cautelar durante 12 horas", dixo Cristina Fernández.

Pola súa banda, Macri reuniuse co rei emérito español Xoán Carlos I que o felicitou polo nomeamento e oficializou a través dunha carta do seu fillo, o rei Filipe VI, un convite a visitar España.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/12/2015