CRTVG

Buscar

Cristina Fernández volve comparecer nos tribunais

Publicado o 06/12/2016 08:58

Fíxoo como testemuña na causa que investiga o presunto encubrimento do atentado perpretado en 1994 contra a mutualista xudía AMIA

A expresidenta arxentina, Cristina Fernández, volveu comparecer nos tribunais. Fíxoo como testemuña na causa que investiga o presunto encubrimento do atentado perpretado en 1994 contra a mutualista xudía AMIA. Un suceso que deixou 85 falecidos e que hoxe, 21 anos despois, segue sen esclarecerse. 

Novo cara a cara de Cristina Fernández de Kirchner coa Xustiza. 

Nesta ocasión citada en calidade de testemuña, como antiga integrante da Comisión Parlamentaria que colaborou coa investigación do peor atentado terrorista da historia arxentina, o perpretado contra a mutualista Xudia Amia en 1994.

O xuizo pretende esclarecer un suposto desvío de información na investigación do atentado. Entre eles, a da denominada como "pista Siria", que implicaba a un empresario próximo ó expresidente Carlos Menem,  acusado directo no litixio.; así como o pago de 400 mil dólares para inculpar a oficiais da policía bonaerense. 

Fernández de Kirchner puxo de manifesto na súa comparecencia as irregularidades que presentaba a causa, a cargo -naquel momento- do xuiz Juan José Galeano, apartado do caso por mal desempeño, e con quen foi especialmente crítica. 

Este proceso vai da man co que investiga os pormenores do ataque, a cargo durante anos do fiscal Alberto Nisman, e que sufriu un revés logo de que fora atopado morto no seu domicilio en circunstancias que aínda se descoñecen, e xusto despois de ter denunciado a Cristina Fernández e parte do seu Goberno como presuntos encubridores dos iraníes acusados do atentado. 

Unha denuncia que a día de hoxe se atopa arquivada por inexistencia de delito. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2016