CRTVG

Buscar

Bos días

Cristina Fernández de Kirchner volve á política

Publicado o 29/06/2017 09:49







A Arxentina prepárase para afrontar unhas eleccións parlamentarias de medio termo onde a gran sorpresa foi a volta á primeira plana política da ex-presidenta Cristina Fernández de Kirchner.
A exmandataria tentará acceder a un posto de senadora logo dun ano turbulento marcado polas múltiples causas xudiciais que ten abertas por presunta corrupción.




"Cristina Fernandez de Kirchner retorna á primeira liña política para tentar facerse cun escano de senadora nacional. Para moitos é o primeiro paso para volver ó poder nas eleccións xerais do 2019, para outros un mero salvoconduto para obter a inmunidade xudicial que lle dá ser representante da soberanía popular."

Primeiro foi un multitudinario acto na contorna de Bos Aires para presentar unha nova forza política e logo o anuncio formal: Cristina Fernández postulábase como candidata a senadora nacional e facíao ademais á marxe do tradicional Partido Xusticialista que lle valera, xunto ao seu marido, o falecido Néstor Kirchner, a presidencia do país durante 12 anos.

Unha Cristina máis próxima mudou o discurso para dirixirse non só ao 25% dos arxentinos que son incondicionais á ex-mandataria, senon aos votantes indecisos que poden marcar a diferenza nunhas eleccións lexislativas nas que se renovarán un terzo das bancadas e que, sen dúbida, condicionarán o rumbo da presidencia de Mauricio Macri.

Pero tamén o futuro xudicial de Fernández de Kirchner.

"Pode ser procesada, condenada, axuizada, o que non pode ser é privada da súa liberdade, e ela ten seis causas na xustiza federal das cales en tres xa está procesada".

Pese aos casos de corrupción que a sinalan, a ex-mandataria ameaza con protagonizar unhas eleccións ás que concorre como a opositora con máis forza.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

29/06/2017