CRTVG

Buscar

Cristina Fernández de Kirchner será candidata á vicepresidencia arxentina en outubro

Publicado o 18/05/2019 21:30

En Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner introducía hoxe o factor sorpresa na carreira cara ás eleccións presidenciais de outubro ao anunciar que será candidata á vicepresidencia. Nos últimos meses dábase por feito que optaría de novo a ser máxima mandataria do país. Pero hoxe daba un volantazo inesperado postulándose, a través deste video, como número dous nunha candidatura conxunta con Alberto Fernández como opción presidencial. Este último fora o leal xefe de Gabinete de Néstor Kirchner na Casa Rosada. Algúns observadores sinalan que as causas xudiciais abertas contra Cristina Fernández están detrás desta decisión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/05/2019