CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Cristina Fernández de Kirchner, de novo nos tribunais pola causa que investiga a empresa familiar Los Sauces

Publicado o 05/02/2017 21:29

A xustiza arxentina chamou a declarar a ex-presidenta, Cristina Fernández de Kirchner, en calidade de imputada por suborno e lavado de cartos na causa que investiga a empresa familiar Los Sauces.
Un novo golpe xudicial para a ex-mandataria que xa está procesada noutros dous casos vinculados á súa xestión.

A expresidenta arxentina, Cristina Fernández, deberá comparecer novamente nos Tribunais o vindeiro 7 de marzo.

Neste caso no marco da causa que a investiga por subornos e lavado de diñeiro a través da inmobiliaria familiar Los Sauces.

O xuiz investiga se a empresa funcionou como unha vía de retorno do diñeiro da obra pública arxentina cara os Kirchner por parte de empresarios afíns baixo a pantalla de alugueres nos hotéis da familia expresidencial.

Canda Fernández deberán comparecer tamén os seus fillos, Máximo e Florencia, integrantes da firma, e os empresarios Cristóbal López e Lázaro Báez.

Estes últimos representaban o 86 % da facturación da inmobiliaria e fixeron saltar as alarmas ó figurar tamén como importantes adxudicatarios de obra pública durante os gobernos kirchneristas.

A decisión do xuiz chega despois dunha importante pericia contable e supón un novo golpe para Fernández, logo dun 2016 difícil e que se saldou co seu doble procesamento por irregularidades vinculadas a súa xestión.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí