CRTVG

Buscar

Cribados universitarios antes de retomárense as clases presenciais este luns en Galicia

Publicado o 28/02/2021 21:18

Os estudantes universitarios do campus de Santiago volven encher a estación de tren un domingo pola noite. Este luns primeiro de marzo, en plena desescalada da terceira vaga da pandemia e despois dun mes de clases telemáticas, volven ás aulas. Retoman as clases presenciais e as mesmas normas de seguridade e hixiene. Pero, ademais, para que a volta sexa o máis segura posible, todos os universitarios galegos, máis de 58.000, están convocados para sometérense a un test de antíxenos que detecte posibles asintomáticos.

"Para levar certo control de como están as cousas, a verdade é que me parece moi ben". 

Para evitar a mobilización de miles de estudantes durante a fin de semana, os cribados programáronse para este semana, desde o luns ata o xoves. Pero nos campus de Ferrol e Ourense xa arracancaron o sábado

Alberto González, enfermeiro: "Vai indo ben, podía ir un pouquiño mellor con máis xente, máis alfluencia, pero vai indo ben".

"Como avisan dun día para outro, ao mellor a xente ten cousas que facer". "Eu son de fóra, non son de aquí de Ourense, é complicado ter que vir un sábado ou un domingo en vez do luns, que é máis práctico pero é un esforzo".

As probas son voluntarias. En Santiago están citados 18.000 alumnos no polideportivo da Universidade. No campus da Coruña habilitaron Expocoruña. En Vigo, o pavillón do campus universitario. En Pontevedra, a Facultade de Ciencias da Educacion, e en Lugo, a Facultade de Veterinaria.

Noticias web

28/02/2021