CRTVG

Buscar

Cribados masivos en concellos con alta incidencia do virus

Publicado o 24/01/2021 21:53

Arteixo é un dos municipios galegos en que hoxe se realizaron cribados masivos. Ten 562 casos activos e unha incidencia acumulada que supera os 1.700 puntos. Están en risco extremo.

Trece mil veciños estaban citados para recoller os envases en que deberán depositar unha mostra de saliva para realizar as probas PCR.

No Vicedo, os veciños acudiron a unha cita pensada inicialmente para as persoas con máis contacto social. Finalmente abriuse a toda a cidadanía. Anotáronse 600 persoas.

Toda a fin de semana durou o cribado no concello de Ourense ao que estaban convocadas oito mil persoas. A incidencia acumulada a catorce días na cidade é de 820 casos por cada cen mil habitantes. A máis alta de todas as cidades galegas. A este cribado masivo asistiron arredor do sesenta e cinco por cento das persoas convocadas.

Noticias web

24/01/2021