CRTVG

Buscar

Cribados en todo terreo para chegar aos usuarios do servizo de axuda no fogar en Maceda

Publicado o 05/12/2020 21:12

Coa axuda dos traballadores de Servizos Sociais de Maceda, Ana organiza o persoal que vai realizar este cribado a domicilio.

"Ides dúas e dúas, vale"

Dous equipos que percorrerán en total 25 aldeas para chegar a todos os usuarios do servizo de axuda no fogar.

Unha dificultade obriga a ir a estas traballadoras do Sergas en todo terreo e coa axuda de Protección Civil para chegar a cada domicilio.

O obxectivo é localizar posible asantimáticos entre unha poboación especialmente vulnerable.

Persoas dependentes que é preciso atender na casa, capaces de responder cun sorriso a unha proba bastante molesta. En 24 hora saberán os resultados.

Xa levaron a cabo cribado semellantes, entre usuarios de axuda no fogar doutros concellos, como o de Castrelo de Miño, Sarreaus ou Xinzo.



 

Noticias web

05/12/2020