CRTVG

Buscar

Un cribado nun colexio de Betanzos busca dar con asintómaticos e frear contaxios

Publicado o 04/05/2021 15:13

Había inquedanza entre os máis pequenos ás portas do ximnasio no colexio Nosa Señora de Atocha, onde dende primeira hora da mañá se lles facía unha proba PCR a 220 alumnos e mestres de primaria e secundaria co obxectivo de desbotar calquera posibilidade de contaxio, despois de que se detectaran dous positivos nesta comunidade educativa.

"Máis que nada por prevención e por seguridade dos alumnos e dos profesores", di a directora do centro.

Participación como a destes alumnos é a que lle reclaman, precisamente, os profesionais sanitarios ao resto da cidadanía. Un momento en que os casos asintomáticos marcan a evolución da incidencia do coronavirus e o endurecemento das medidas sanitarias cando se producen repuntas como sucedeu aquí en Betanzos.

Só nos últimos días na Cidade dos Cabaleiros detectáronse 13 casos novos e a incidencia acumulada subiu ata os 100 casos por cada 100.000 habitantes.