CRTVG

Buscar

Cribado na Illa de Arousa para localizar asintomáticos e frear a cadea de transmisión

Publicado o 25/12/2020 21:17

Un dos concellos que máis preocupa é a Illa de Arousa, onde se dispararon os contaxios nos últimos días. Mañá farase un cribado para localizar asintomáticos e tentar frear a cadea de transmisión.

Segundo informa o Concello, o cribado será este sábado no centro de saúde da Illa en dúas quendas, mañá e tarde. Están chamados a facer unha PCR, exclusivamente, todos os mozos do concello que teñan entre 15 e 24 anos. Terán que levar o DNI e ir acampañados se son menores. Nas próximas datas iranse cribando outras faixas de idade na busca de asintómaticos, porque o número de contaxios non deixa de subir, con 96 casos activos. As restricións aquí son de nivel medio alto, polo menos ata o luns, que é cando haberá unha nova reunión do comité clínico que asesora a Xunta. Terán traballo dobre: revisar as restricións vixentes nos concellos e decidir cales van ser as medidas que haberá que seguir nas calebracions de fin de ano.

 

Noticias web

25/12/2020