CRTVG

Buscar

Cribado masivo no porto de Vigo tras detectar 21 positivos a semana pasada

Publicado o 18/05/2021 14:37

A lonxa do marisco cambiou hoxe o seu uso. Dende primeira hora da mañá traballadores de diferentes empresas do porto vigués facían cola para participar nun cribado masivo e voluntario.

A previsión inicial foi a de chamar douscentos operarios das empresas onde traballan as 21 persoas que deron positivo nun cribado anterior realizado no porto vigués. Finalmente, a convocatoria ampliouse ata os cincocentos a petición dos traballadores e responsables doutras empresas portuarias, conscientes da importancia de participar nestes cribados para frear a expansión do virus. 

Segundo os datos facilitados pola autoridade portuaria, ao final da mañá un total de 203 persoas realizaran este cribado. Nas próximas horas coñecererase o seu resultado nunha área sanitaria, a de Vigo, onde hai 843 persoas con infección activa, corenta hospitalizadas e 10 na unidade de coidados intensivos.

Noticias web

18/05/2021