CRTVG

Buscar

Cribado masivo no Carballiño á procura de casos asintomáticos

Publicado o 27/03/2021 14:31

O Sergas continúa cos cribados masivos á busca de casos asintomáticos. O máis multitudinario realizábase o sábado no Carballiño. Estaban convocadas no pavillón Paco Chao un milleiro de persoas, de entre os 18 e os 55 anos, unha franxa de idade que adoita ter unha maior mobilidade.

Estas probas comezaron ás nove da mañá e remataron ás dúas da tarde. A participación era escasa a primeira hora e chegaba a roldar os 600 asistentes dos mil convocados a unha hora de rematar.

No Carballiño hai 17 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días.

Este sábado tamén se realizaba un cribado no pavillón municipal de Cortegada no que estaban citados 400 veciños de entre 18 e 45 anos nun cribado conxunto dos municipios de Cortegada, Padrenda e Pontedeva.

Mañá domingo farase un cribado en Sanxenxo. Os citados son traballadores do sector da alimentación, coma os dos supermercados.

 

Noticias web

27/03/2021