CRTVG

Buscar

Cribado masivo no Barco no que se puideron anotar de xeito voluntario por primeira vez en Galicia

Publicado o 17/04/2021 20:15

3.000 veciños do Barco de Valdeorras e de Rubiá estaban hoxe citados para facer unha PCR, acudiron o 70 por cento. A metade destas persas puideron anotarse de xeito voluntario, outras tantas foron chamadas aleatoriamente. É o primeiro cribado masivo que se fai con estas características en Galicia e anotáronse máis de mil persoas.

Na cola de entrada ao pavillón de Cabagaleiros, no Barco, os participantes explicaban como se anotaron na páxina da Xunta e acudiron despois de recibir un SMS e un código QR.
Un novo sistema que acelerou moito a realización das PCR.

O Barco de Valdeorras ten 23 casos activos, din os veciños que os contaxios disparáronse en pouco tempo.

Cunha incidencia a 14 días de máis de 150 casos por cen mil habitantes, O Barco entrou no nivel alto de restricións.

Noticias web

17/04/2021