CRTVG

Buscar

Cribado masivo na Coruña para detectar casos asintomáticos na poboación de entre 18 e 60 anos

Publicado o 30/01/2021 14:22

Cribado masivo para frear a evolución da pandemia na cidade da Coruña. Nos próximos días preto de cento cincuenta mil persoas serán citadas para realizar unha proba de antíxenos. O obxectivo é detectar os casos asintomáticos, "persoas que están infectadas, que non o saben, que non teñen clínica, pero que poden infectar outras persoas", explícanos o xerente da área sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verde.

A Coruña contabiliza máis de duas mil duascentas persoas con infección activa, case o 40% dos casos de toda a área sanitaria. O cribado podería prolongarse durante todo o mes de febreiro.

A presión hospitalaria mantense en niveis críticos. Hai 358 enfermos de covid-19 ingresados no CHUAC. 73 están na unidade de coidados intensivos.
 

Noticias web

30/01/2021