CRTVG

Buscar

Cribado masivo en Sarria para detectar asintomáticos

Publicado o 30/01/2021 14:23

Complicado, e moito. Cuns 13.300 habitantes 195 deles son positivos, o cal supón unha incidencia acumulada de 1.200 infectados por cada cen mil habitantes.
A poboación diana deste test son os veciños de entre trinta e sesenta anos.

Xosé Antonio explícanos aquí a diferenza entre un test que deu positivo e un negativo. Este enfermeiro cre que a alta incidenca destes días en Sarria está relacionada coas festas e as reunións sociais.


Agora na residencia de maiores de Sarria están infectados máis do 90 por cento dos internos, malia que xa se lles administrara a primeira dose da vacina.

Morreron dous dos afectados, un deles esta noite; ambos tiñan enfermidades graves previas. Entre o resto dos internos infectados hai dous ingresados en planta por precaución e o resto son practicamente asintomáticos. Así que negativicen o virus recibirán a segunda dose da vacina.

Noticias web

30/01/2021