Cribado masivo en Pontevedra a mozos de entre 18 e 35 anos

Os mozos e mozas citados ían chegando a pé ao punto habilitado no hospital provincial para facer a proba PCR. A media mañá participaran algo máis dun cento dos citados.
Daniel, é un deles, ten 25 anos e non tiña ningunha dúbida en acudir a facer a proba.
Mariano, ten 30 anos e vén de Marín. Di que aínda que está vacinado acudiu por responsabilidade.
Durante todo o día e ata as nove da noite realizarán PCR. Hai máis de 800 citados de entre 18 e 35 anos, de Pontevedra, Poio e Marín.
Búscanse os casos asintómaticos entre a mocidade, grupo no que os contaxios non cesan de medrar.
A cifra media de asistencia a estas convocatorias desta área sanitaria no que vai de mes de xullo rolda tan só o 30 por cento. O Sergas fai fincapé na necesidade de acudir para controlar os contaxios.