CRTVG

Buscar

Cribado masivo en Moaña para todos os maiores de 15 anos

Publicado o 10/12/2020 15:18

Máis de 20.000 veciños do concello de Moaña están chamados a un cribado masivo entre hoxe e o martes. Este proceso consiste na recollida dun kit para tomar unha mostra de saliva na casa e, ao día seguinte, entregala para proceder á súa análise. A esta proba salivar está convocada toda a poboación moañesa de entre quince e setenta anos.

Os citados poden asistir a pé ou en coche,e incluso recoller os tubos para toda a familia. O protocolo caracterízase pola súa sinxeleza, aínda así hai catorce técnicos dispoñibles para a cidadanía. 

As mostras analízanse logo por lotes, polo que son como probas PCR, pero máis rápidas. Entre 24 e 48 horas é o tempo que se precisa para atopar positivos. Estes tests son máis rápidos e, segundo os veciños, máis cómodos que as probas nasofarínxeas. A recollida destas últimas resérvase para os maiores de 70 anos e comezarán a partir do sábado.

 

Noticias web

10/12/2020