CRTVG

Buscar

Cribado masivo en Baiona, un concello sensible esta Semana Santa

Publicado o 28/03/2021 14:37

Dende as oito da mañá ata as dez da noite, neste pavillón do concello de Baiona, realizarase un cribado masivo para detectar asintomáticos mediante proba PCR.

Están citados 4.500 veciños e veciñas con idades comprendidas entre os 16 e os 79 anos.

Co cribado da poboación poderase frear a expansión dun virus que creceu de maneira exponencial neste concello en pouco tempo. Baiona pasou de ter cero infectados a pasar da barreira dos vinte, o cal a sitúa nun nivel de incidencia superior aos 150 casos.

 

Noticias web

28/03/2021