CRTVG

Buscar

Cribado masivo con mostras de saliva a 7.700 veciños de Fene

Publicado o 08/02/2021 14:41

Maria do Mar acode á carpa habilitada no barrio de San Valentín, para recoller o tubo e depositar unha mostra de saliva que lle permitirá descubrir se ten coronavirus.

Ela é un dos 2.150 veciños de Fene chamados para a primeira quenda do cribado masivo coa técnica do pooling.

En total son 7.700 veciños de entre 15 e 65 anos, case a metade da poboación, os convocados vía sms a este cribado co que o Sergas quere detectar posibles asintomáticos.

"Un sistema que xa se probou en 9 concellos e que xa procesou máis de 50.000 mostras de saliva e fomos quen de detectar máis de 150 positivos", explica Julio García Comesaña, conselleiro de Sanidade.

O concello de Fene conta actualmente cunha incidencia a 14 días de 695 casos por cen mil habitantes.

So nas úlitimas dúas semanas detectáronse 90 novos contaxios, mentres algúns agardan a chegada das vacinas.

O cribado, nos que traballa un equipo sanitario de 11 persoas, prolongaranse durante toda a semana.

Noticias web

08/02/2021