Cribado masivo do persoal sanitario de Ferrol, unha das áreas máis afectadas na terceira onda
Publicado o 09/02/2021 15:04
O persoal sanitario de Ferrol participa no cribado masivo ao persoal de Ferrol, unha das áreas máis afectadas de Galicia nesta terceira onda.
O proceso é tan sinxelo como recoller o dispositivo nun punto de recollida, tomar a primeira saliva da mañá na casa e depositar a mostra para seu procesado posterior a través da técnica do pooling. É unha proba sinxela e voluntaria que está tendo unha resposta masiva.
Os resultados da proba comunicaranse de xeito inmediato a cada un dos participantes.
Os útimos datos do Sergas consolidan a tendencia á baixa nos contaxios, pero a presión hospitalaria no Arquitecto Marcide, tanto en planta coma en críticos, segue obrigando a extremar as medidas sanitarias.