CRTVG

Buscar

Os traballadores do edificio territorial da Xunta en Lugo realizarán un cribado tras detectarse un gromo

Publicado o 02/06/2021 14:58

En Lugo están a facer un cribado entre os traballadores do edificio territorial da Xunta tras detectarse un gromo que xa suma oito casos. Concretamente, no departamento de Política Social. Todas elas son asintomáticas e están en bo estado de saúde.

A raíz desta situación, foi preciso realizar un cribado entre os traballadores da planta baixa do edificio, unhas 100 persoas, que se desprazaron ao HULA para realizar as probas. Tamén se detectou un caso positivo no Instituto Galego da Vivenda e Solo, pero esas dependencias non están neste edificio. Malia o acontecido, a situación nesta sede administrativa é de total normalidade.

Noticias web

02/06/2021