CRTVG

Buscar

Cribado con tests de antíxenos en Vilamarín

Publicado o 17/01/2021 14:49

360 veciños de Vilamarín foron avisados para participar neste cribado, o primeiro que se fai en Ourense con tests de antíxenos. A día de hoxe en Vilamarín hai 26 casos activos.

Tamén en Muíños, cunha incidencia que roza os 2.500 positivos por 100.000 habitantes, están a facer hoxe un cribado con tests de antíxenos. Son núcleos cunha poboación reducida, onde se engade o risco do seu avellentamento.

Nestes cribados en Muíños e Vilamarín, polo momento, non se detectou ningún positivo.

Noticias web

17/01/2021