CRTVG

Buscar

Detectan dous positivos no autobús Madrid-A Coruña tras un cribado pola alerta dun contaxiado

Publicado o 08/04/2021 15:31

Un home chegou con síntomas á estación de autobuses de Lugo, polo que lle foi realizada unha PCR, que deu resultado positivo. Ante esta situación, informou a Sanidade que viaxara nun autobús que facía a ruta entre Madrid e A Coruña.

De inmediato comezou o rastrexo para identificar todos os viaxeiros, uns 50, e realizar as probas para comprobar se había máis caos positivos. En total, detectáronse outros dous, pero non se sabe se se contaxiaron no autobús ou, o máis probable, xa se infectaran con anterioridade, pero non sufrían síntomas. 

Sanidade suliña a importancia deste tipo de cribados para frar a expansión do virus, e por iso pídelle á poboación a máxima colaboración para que achegue todos os datos necesarios para ser localizados en caso de necesidade.

Noticias web

08/04/2021