CRTVG

Buscar

Cribado aos alumnos do instituto Sánchez Cantón tras detectarse un gromo

Publicado o 24/06/2021 14:03

A contagotas, así chegaban os alumnos do instituto Sánchez Cantón á unha das unidades de cribado covid do Hospital Provincial de Pontevedra. Entre eles, a organizadora da festa, que apuntou que as condicións de seguridade se extremaron na cerimonia celebrada nun salón de vodas pontevedrés. Só un convidado por alumno e os mozos quedaron sós na cea.

A clave para moitos está na actividade anterior ou posterior á cerimonia, nas festas privadas e mesmo nunha viaxe a Mallorca dalgúns alumnos.

A corentena está afectando alumnos como Alba, que non se puideron presentar ás probas para acceder á ESAD.

En total, nestes días van ser cribadas con relación a este gromo 510 persoas de cinco centros educativos. Hoxe estaban citadas 114.

Noticias web

24/06/2021