CRTVG

Buscar

Cribado aleatorio en Ribadavia con probas PCR para detectar positivos asintomáticos

Publicado o 14/11/2020 21:07

Con este fin uns 600 veciños e veciñas de Ribadavia, que foran citados a través dunha mensaxe no móbil, acudiron ao cribado aletorio para facer a proba PCR.

Detectar asintomáticos, coñecer mellor a situación epidemiolóxica e o grao de positividade entre a poboación de entre os 25 e os 55 anos.

Tras o aumento de casos acumulados, Ribadavia comeza tamén co peche perimetral e ten xa máis restricións sociais para conter os contaxios. Xunto a Xinzo, son os dous concellos da provincia de Ourense que seguen en nivel vermello de alerta.

Noticias web

14/11/2020