1.500 mozos convocados nun cribado en Cambados
Arredor de 1.500 mozos e mozas de Cambados foron citados este domingo nun cribado poboacional que permita realizar unha radiografía da situación epidemiolóxica do concello.
Entre os obxectivos, concienciar e animar a mocidade a formar parte activa neste cribado no que as condicións atmosféricas marcaban xa o ritmo de participación ao longo da mañá.
Cambados atópase no nivel medio de restricións. Na actualidade ten 26 casos activos, con oito máis entraría no nivel alto. A esa preocupación súmase que este municipio está rodeado de concellos cunha situación epidemiolóxica máis preocupante. É o caso de Ribadumia e Meaño ou o de Vilanova de Arousa.
A este cribado súmase o realizado esta semana mediante proba de saliva nos máis de mil estudantes dos dous institutos de Cambados. Á espera dos resultados, dende o consistorio piden non baixar a garda para evitar pasos atrás na desescalada.