CRTVG

Buscar

Criaturas fantásticas, personaxes de Disney e purpurinas acaparan as maquillaxes de Entroido

Publicado o 13/02/2018 09:19

Con produtos de calidade e un chisco de imaxinación, a maquillaxe pode ser a peza fundamental dun disfrace. Os animais, as criaturas fantásticas e os personaxes da factoría Disney nunca pasan de moda, pero este ano a caracterización favorita é a de unicornio. As purpurinas e o Entroido sempre se levaron ben.

Cada vez máis persoas acoden a centros especializados para conseguir o efecto desexado nas súas caracterizacións. Aos profesionais, Internet fáillelo máis doado.

Animais, personaxes de conto, criaturas fantásticas... no Entroido podemos ser o que queremos e a maquillaxe resolve un disfrace.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018