Crecente quintuplicou a poboación nestes días de confinamento
Neste municipio de Crecente están censados, segundo datos de hai un ano, algo máis de 2.000 veciños, pero nestes días de confinamento a súa poboación quintuplicouse. O motivo, que moitas persoas decidiron pasar aquí na súa segunda residencia esta corentena.
Por iso dende o Concello extreman estes días as medidas de desinfección diaria polo centro do municipio e pídenlles aos seus veciños saír o menos posible das súas casas. Aquí apareceu unha trintena de positivos, a maior parte rexistrados na súa residencia de anciáns. As medidas de confinamento si se están a notar no día a día da súa única farmacia.
E son poucos os que estes días visitan tamén o único servizo de alimentación deste municipio ou o seu mercado, que só permanecen abertos pola mañá.
Porque é o que toca estes días. Cumprir coas recomendacións ben sexa nas cidades ou no rural.