Crecen un 135 % as investigacións abertas pola Fiscalía sobre estafas en Internet e un 145 % os ciberdelitos sexuais
Publicado o 25/10/2021 17:03

No último ano aumentaron en Galicia os delitos informáticos. Así o recolle a Memoria da Fiscalía Superior de Galicia. Chama a atención a subida das estafas cometidas na web, case 1.000 casos, que supoñen máis do dobre ca o ano anterior.
O confinamento durante a pandemia tivo moito que ver con este cambio. Tamén aumentaron os delitos contra a liberdade sexual cometidos a través das novas tecnoloxías.