CRTVG

Buscar

Crecen preto dun 6% o número de viaxeiros que visitan Galicia

Publicado o 17/01/2020 20:23

Nos primeiros once meses do 2019 rexistrouse un incremento na demanda hoteleira de Galicia. En relación ao exercicio anterior, aloxáronse un 5,9% máis de turistas e o número de noites de aloxamento medrou un 5,7%. Son en total máis de 8 millóns 540 mil noites, a cifra máis elevada da serie histórica. A provincia da Coruña sitúase á cabeza coa cidade de Santiago, seguida da da Coruña.

Entre os que nos visitan obsérvase un crecemento do turismo internacional, que xa representa o 25% do total da demanda hoteleira, porcentaxe que supón un máximo histórico. A estadía media nos hoteis e pensións en Galicia estabilízase situándose en pouco máis das dúas noites.

Á espera de coñecer as cifras do Nadal, o sector agarda poder seguir consolidando esta tendencia de crecemento, beneficada polo efecto do Xacobeo 2021.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/01/2020