CRTVG

Buscar

Crecen un 18 % as denuncias no 016 por violencia de xénero co confinamento

Publicado o 01/04/2020 21:08
Crecen un 18 % as denuncias no 016 por violencia de xénero co confinamento


O 016, o teléfono de atención ás vítimas de violencia machista, recibiu durante a primeira quincena de confinamento un 18 % máis de denuncias que no mesmo período do mes anterior. Ante o temor do incremento das agresións machistas, o Goberno cualificou como servizos esenciais os que prestan atención ás vítimas. Seguirán funcionando os centros de ermexencia, acollida e aloxamentos seguros. Se non hai prazas, as mulleres poderán hospedarse en hoteis.

Noticias web

01/04/2020