CRTVG

Buscar

Crece un 17,8% o número de fogares que se acollen ao bono social ante a escalada do prezo da luz

Publicado o 12/07/2021 21:26
Crece un 17,8% o número de fogares que se acollen ao bono social ante a escalada do prezo da luz

Os custos históricos que a electricidade está marcando neste 2021 está a obrigar moitas familias a buscar unha solución para abaratar o recibo. Así neste primeiro semestre do ano, case 200.000 fogares máis accederon ao bono social, que supón un desconto na parte do consumo eléctrico de entre un 25 e un 50%. Segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica esta axuda supón un crecemento de case o 18% con respecto ao rexistro de finais de 2020.
 

Noticias web

12/07/2021