CRTVG

Buscar

Crece o número de persoas que viven soas en Galicia, segundo datos do INE

Publicado o 02/04/2019 20:53

Case 280.000 persoas vivían soas en Galicia en 2018, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística. En cinco anos, esta cifra aumentou en 27.900 persoas. Con todo, a nosa non figura entre as comunidades que máis porcentaxe teñen de fogares unipersoais. A clasificación encabézana Asturias, Castela e Leon e A Rioxa. Porén, como no resto do Estado, os fogares maioritarios en Galicia son aqueles onde viven dúas persoas.

Tamén reflicten os datos do INE que a maioría das persoas maiores de 65 que viven soas son mulleres. En España, o numero de persoas soas aumenta ata os 4 millóns e medio.



 

Noticias web

02/04/2019