CRTVG

Buscar

Crece a demanda de ciclos de Formación Profesional

Publicado o 26/08/2020 15:47

En Formación Profesional o próximo 2 de setembro saen as listaxes coas novas adxudicacións de prazas. Cada vez hai máis demanda nestes estudos e cada vez a nota de corte é máis alta.

Na primeira adxudicación, 22 ciclos de FP esixían máis dun 7 para entrar. Por exemplo, no ciclo de Anatomía Patolóxica en Lamas de Abade, en Santiago, este ano pediron practicamente un 9 de nota media no bacharelato de Ciencias.

Por suposto, non todos os ciclos teñen o mesmo nivel de nota de acceso e aínda quedan prazas vacantes en centros de toda Galicia. Do 1 ao 9 de setembro hai posibilidade de novas solicitudes nos ciclos que non estean completos.

O alumnado de bacharelato considera cada vez máis a Formación Profesional como a súa opción preferente de estudos. Hai máis demanda e tamén pídense notas máis altas para entrar en moitos ciclos.

En 22 deles esixiron máis dun 7 nas primeiras adxudicacións este ano. Pero case tan importante como a nota é elixir ben a opción de bacharelato para despois conseguir praza no ciclo que un queira.

E como causa desta maior demanda da FP está a perspectiva de máis saídas laborais.

Se aos ciclos de FP chegan mellores expedientes isto redundará tamén na relación coas empresa.

O próximo día 2 de setembro sairá a lista coas novas adxudicacións de prazas e ata o 9 de setembro aínda se poderá solicitar praza naqueles ciclos que non estean xa completos.

Noticias web

26/08/2020