CRTVG

Buscar

Créase a primeira aplicación móbil para chegar a un acordo de divorcio sen pasar polo avogado

Publicado o 09/10/2018 15:52

Os usuarios teñen que descargar a aplicación no móbil. Abonda con que o cónxuxe complete o primeiro paso co que se lles enviará aos dous un código persoal para comezar a negociación. Introducindo datos relativos ao matrimonio, a vivenda ou dos fillos a través dunha calculadora automatizada, a parella poderá ir chegando a acordos sobre a custodia, o réxime de visitas ou tipo de pensión.

É un sistema de cinco pantallas que te guía no que tes que falar e te asiste cun simulador para que calcules unha pensión que sexa xusta, con un 'display' de visitas que fai que teñas claro cal vai ser a distribución do tempo que vas poder pasar cos teus fillos, se é que os tes.

O último paso, a tramitación xudicial, pódese facer sen saír da aplicación contratando este servizo aos avogados da empresa que sacou ao mercado esta nova ferramenta. Os cónxuxes non teñen por que verse nin acudir en ningún momento ao despacho dos avogados nin ao xulgado, a excepción do día da ratificación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2018