CRTVG

Buscar

Créase a Comisión para a Reactivación de Galicia pola Covid co acordo de todos

Publicado o 15/09/2020 15:01

Comeza a lexislatura en Galicia da mellor forma posible: cun acordo dos tres grupos parlamentarios. Esta mañá crearon a Comisión para a Reactivación de Galicia pola crise da Covid.

A decisión adoptouse na Xunta de Portavoces. Os tres grupos decidiron renunciar a rexistrar iniciativas por separado e apostaron pola unidade nun tema tan urxente. Terán ata o luns para presentar a lista de comparecentes que pasarán por esta comisión de estudo. Os traballos comezarán en poucos días.

 

Noticias web

15/09/2020