CRTVG

Buscar

Crean unha plataforma para alugar pisos turísticos en Galicia

Publicado o 12/07/2019 16:20

Vitgal é a central de reservas da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia. Unha plataforma para que os propietarios poidan comercializar de forma máis directa os seus aloxamentos. É unha alternativa ás grandes multinacionais.

Aviturga axuda a regularizar os aloxamentos. E ao mesmo tempo ofrece unha escola de anfitrións que dá formación aos propietarios que poñen por primeira vez un piso en alugueiro. De momento, Vitgal dispón dunhas cen vivendas en toda Galicia. O turismo familiar é polo de agora o seu nicho de negocio.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2019