CRTVG

Buscar

Crean unha plataforma de persoas afectadas para canalizar as axudas

Publicado o 03/10/2021 20:42

Persoas afectadas polo volcán acaban de crear unha plataforma para defender os seus dereitos. O domingo pola mañá moitas familias desaloxadas puideron achegarse ás súas casas despois de varios días. Porén, ao mediodía todos tiveron que saír da zona pola mala calidade do aire.

As autoridades envían unha mensaxe de esperanza para os que viven do plátano e quedaron sen rega. Din que as administracións traballan contra o reloxo para salvar os cultivos. O sector estima que se a auga non chega a tempo as perdas roldarían os vinte millóns de euros.

Noticias web

03/10/2021