CRTVG

Buscar

Crean unha plataforma de afectados de cobros abusivos das tarxetas e créditos rápidos

Publicado o 26/03/2019 16:33

Bancos e financeiras teñen aberta unha nova fronte de demandas. Agora, por mala práctica na venda de tarxetas de crédito. Un grupo de afectados de Vigo acaba de crear unha plataforma para alertar dos abusos e facilitar as reclamacións xudiciais.

Este despacho de avogados de Vigo acumula xa 150 sentenzas contra entidades promotoras de tarxetas de crédito ou préstamos rápidos. O 90% destas resolucións en primeira instancia son favorables aos clientes porque os xuíces consideran que non se lles deu información clara á hora de contratar o produto e que hai usura ao cobrarlles xuros desmedidos.

David Alfaya, avogado: "Neste momento temos tarxetas desde o 26 ao 29% e micropréstamos destes rápidos desde o 200 ata o 1.500%".

A repercusión das primeiras sentenzas favorables axudou a que foran aflorando outros casos.

Vanessa e Clara promoveron unha plataforma de afectados en Vigo e en menos dun mes xa se lles sumaron 50 persoas. 

Confían en que igual que pasou na maioría das sentenzas precedentes, o xulgado anule os contratos e polo tanto o pagamento de xuros. Deste xeito, os afectados aboan só o capital que realmente recibiron e recuperan todo o que levan pagado a maiores.

Clara: "Estou con toda a fe de que vai ir por bo camiño, porque isto non se pode permitir".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019