CRTVG

Buscar

Crean unha bebida isotónica con auga do océano Atlántico

Publicado o 16/02/2019 14:26

O noso plasma sanguíneo ten nove gramos de sal por cada litro, a mesma proporción que atopamos na auga de mar diluída adecuadamente. Agora, tres mozos galegos, crearon unha bebida isotónica elaborada con auga de mar e de forma natural.

Hai dúas versións, unha pensada para persoas cun desgaste físico importante e que está composta por un 20% de auga do mar e o restante de auga do manancial de Bamio. O outro formato conta cun 10% de auga de mar e serve para compensar un esforzo físico moderado. Os deportistas xa notan os seus beneficios.

Esta nova bebida, que xa se pode mercar, conta con embaixadores de luxo como Vero Boquete, Antón Ruanova ou Solange Pereira.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019