CRTVG

Buscar

Crean unha aplicación para o móbil para consultar as defuncións na Terra Chá

Publicado o 14/04/2019 21:42

Unha aplicación informática permite consultar as defuncións no teléfono móbil sen ter que agardar a que se publiquen. Foi unha creación de dous mozos chairegos, que en principio está limitada á comarca.

Miguel Saavedra, creador da app Esquelas do día, matiza que "vimos que cada funeraria ten o seu método de chegar á xente, pero nós fixémolo englobándoas e vai facilitandolle así as cousas á xente".

Carlos Crecente, creador da app Esquelas do día, explica que se pode usar cando sabes que "hai un defunto na parroquia e no momento podes achegarte e velo".

Trátase dunha aplicación gratuíta, que xurdiu para facilitar a consulta dos funerais e cabodanos.

Miguel Saavedra, creador da app, descríbea como moi sinxela: "Entras na aplicación e temos dividido por esquelas e por aniversarios e despois incluso podemos consultar en cada funeraria o que hai. E dentro desas opcións podemos buscar por concellos e temos un resumo onde saen todas xuntas".

Os seus creadores non teñen experiencia informática, pero si ilusión e de feito xa contan con innovar.

Carlos Crecente, creador desta aplicción, adianta que "xa temos en mente unha actualización para a aplicación, que sería unhas alertas. Cada usuario podería escoller a información que quixera e chegaríalle unha alerta á pantalla do móbil moi fácil, que con un dedo deslizaríaa e xa a eliminaría; é só para avisalo de que tería algo para ver".

Púxose en marcha hai tres semanas e xa a descargaron máis de catrocentas persoas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/04/2019