Crean unha aplicación de teléfono móbil para rastrexar os eventuais contactos dos contaxiados
Co desconfinamento, a detección dos novos casos positivos de COVID-19 e o illamento dos posibles contactos é fundamental para evitar que haxa rebrotes descontrolados da enfermidade. O expertos cren que sería primordial a vixilancia tecnolóxica a través dunha aplicación no teléfono móbil, e xa hai un proxecto piloto en España que está en fase de probas.
Aquí en Galicia, un grupo de operadores rastrexan e monitorizan os contactos das persoas contaxiadas. Os expertos cren que, ademais do traballo destes rastrexadores, sería fundamental para evitar rebrotes a vixilancia tecnolóxica a través dunha aplicación no teléfono móbil.Pois ben, o centro tecnolóxico vasco Tecnalia comezou a fase de probas dun sistema de rastrexo. Baséase na utilización do bluetooth do móbil.
No caso de que unha persoa dea positivo na enfermidade, poderá notificalo a través da aplicación, para que inmediatamente os usuarios que estiveron expostos e en contacto con esa persoa se illen.
"Son ferramentas máis efectivas que a memoria, non podemos lembrar con quen nos sentamos no metro, pero estas aplicación si poden", di Óscar Lage, responsable de Ciberseguridade en Tecnalia.
Aseguran que o sistema, realizado xunto a Ibermática, garante a privacidade: "Grazas a un uso intensivo da criptografía e a descentralización da información dos usuarios".
Existirá, ademais, un código de verificación para que os usuarios non poidan notificar que están contaxiados se non o están realmente.