CRTVG

Buscar

Docentes da Universidade de Santiago crean un videoxogo para ensinar matemáticas

Publicado o 30/01/2019 14:39

Está en fase de proba e admite propostas e suxestións para mellorarlo, pero o videoxogo Mathex xa está activo. Deseñado e promovido por un grupo de docentes da facultade de Matemáticas da Univesidade de Santiago e de ensinanza secundaria, o seu obxetivo é que os estudantes aprendan a través do xogo. Os contrincantes teñen que responder preguntas e resolver problemas para conquistar o territorio inimigo, e a arma non é a forza, senón a estratexia e o coñecemento. Hai preguntas para todas as idades.

"Temos varios niveis de dificultade, incluso un especial para peques, rapaces de sete a dez anos", di Elena Vázquez Abal, profesora na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago e promotora do videoxogo.

O Mathex só ten contidos relacionados coas matemáticas, pero o obxectivo final, aínda en proxecto, é que coa mesma estrutura se poidan introducir preguntas de calquera materia para, de xeito codificado e non aberto, se poida usar nas aulas.

"Chegan á clase, os rapaces coñecen o código e xogan con ese código. Poden estar facendo exames, traballando na casa nese mesmo tipo de preguntas...", engade a promotora.

Esa será unha versión de uso exclusivo para profesores e alumnos, pero para xogar coa que xa está na Rede só hai que acceder desde un ordenador ou tableta á páxina web Mathex.game.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/01/2019