CRTVG

Buscar

A Revista

Crean un mural con máis de 2.000 notas coa cara de Cervantes

Publicado o 23/04/2014 12:13

Aínda que o día propio da celebarción é hoxe, día 23, en Madrid xa comezaron onte pola tarde a festexar o día do libro. E fixérono facendo un mural xigante a base de post-its, no que se podía recoñecer a cara de Miguel de Cervantes. Ademais, tamén serve para renderlle homenaxe a moitos outros escritores. Centos de madrileños achegáronse ata a Casa de Correos, para escribir nun post-it o nome do seu autor favorito. En total, o mosaico compúxose con máis de tres mil douscentos adhesivos. Poderase ver ata as nove desta noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

23/04/2014