CRTVG

Buscar

Crean un laboratorio galego para mellorar as baterías dos novos coches híbridos

Publicado o 06/12/2018 13:25

Na actualidade, o coche eléctrico só representa un 0,09 por cento dos 24 millóns de turismos que hai en España, pero as novas normativas aceleran o proceso de cambio e o sector prepárase para afrontalo. En Galicia, o Centro Tecnolóxico da Automoción está a construír un novo laboratorio de ensaios para baterías de ion-litio nas súas instalacións do Porriño.

Os técnicos buscan mellorar a eficiencia das baterías dos eléctricos aproveitando a propia enerxía do vehículo. As marcas xa planean a súa entrada no mercado dos híbridos, e a planta de PSA Citroën en Vigo xa traballa no lanzamento de catro modelos cen por cento eléctricos. Isto non fai máis que acelerar o proceso, polo que a automoción galega reorienta as súas prioridades e centra o seu esforzo innovador na electrónica.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018