Crean un aparello para axudar a falar a persoas con discapacidade
Juan Abia empezou a idear un aparello que dese voz a persoas con discapacitade para facilitarlle a comunicación a un curmán, Carlos, con parálise cerebral desde neno. Foi a nai de Carlos, tía de Juan, quen lle pediu que o fixese como proxecto de fin de grao de Enxeñería Industrial e a el sumaronse dous compañeiros da universidade. Juan inspirouse no método Stephen Hawking, que sufriu ELA.
"O caso de Carlos é probablemente dos máis complexos, porque a maior parte dos movementos que fai son involuntarios e non ten tanto control sobre os seus músculos como unha persoa con ELA", di Juan Abia.
Carlos ten que premer unha bóla conectada á aplicación deseñada especificamente para el, para dicir si ou non.
"A presión neste sensor provoca unha resposta como un clic de rato de ordenador clásico. Só hai que manter pulsado, e o ordenador fala. Queremos introducir pictogramas e entón Carlos poderá decir quero durmir, teño fame, quero seguir de festa ou teño sede", explica Mateo González, que estuda o máster de Telecomunicacións.
Os creadores deste prototipo cren que ten moitas máis posibilidades e traballan para implementalas.
"Por un lado, un chase impreso en 3D para poder amarralo á cadeira de rodas de Carlos.
E outra idea é probar cuns electrodos que detecten cando Carlos quere facer forza, e entón sería moito máis sinxelo e máis cómodo de usar", conta Fernando Flores, tamen estudante do máster de Enxeñería de Telecomunicacións.
Din que o aparello é facil de facer e que ten código aberto, é dicir, calquera pode acceder ao seu deseño, fabricalo e introducir variacións segundo as necesidades do receptor.