CRTVG

Buscar

Crean a primeira aplicación para falar cos Reis Magos en tempo real

Publicado o 04/01/2019 12:27

Así de fácil é falar coas súas maxestades, só hai que coller o móbil e chamalos. Recados, dúbidas, negociación de xoguetes, os Reis saberano todo dos nenos que chamen... por algo son máxicos.

Estes paxes, con taller na Coruña, foron os primeiros no mundo en lograr o milagre de que os teléfonos teñan liña directa coas súas maxestades. Primeiro probaron con Papá Noel e, como quedou tan satisfeito, este deulles o sopro aos Reis.

As chamadas grávanse para que a familia garde o recordo dos nenos, e dos non tan nenos, conversando co seu rei favorito.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019