CRTVG

Buscar

Craviotto: "Ter un obxectivo, traballar, ser costante, loitar, e se caes, volver levantarte"

Publicado o 15/10/2021 13:46

O multipremiado piragüista Saúl Craviotto explicou hoxe a traballadores de Abanca na Coruña que a motivación, o sacrificio e a capacidade de superación son os mellores instrumentos para conseguir o éxito profesional. O cinco veces medallista olímpico contou que no seu día a día hai moitas horas de traballo e moitísima organización.

"Ao final é o mesmo sempre. Ter un obxectivo, traballar por el, ser costante, loitar, e se caes, volver levantarte. O mundo deportivo pode extrapolarse ao mundo académico, laboral, a calquera ámbito", di.

Destacou que o equipo co que compite é tamén fundamental, e loou os piragüistas cos que este ano conseguiu a medalla de prata en Tokio.

"Tiven sorte cos compañeiros que tiven, dous galegos, por certo, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade. Sempre que me xunto cun galego é unha combinación explosiva, sempre que me xunto cun galego sacamos medalla", afirma o piragüista.

Craviotto dixo que vai seguir esforzándose para conseguir a sexta medalla nos Xogos Olímpicos de París.

Noticias web

15/10/2021