CRTVG

Buscar

Covid persistente, o pesadelo de persoas que non acaban de superar a enfermidade

Publicado o 08/12/2020 13:55

Superar a covid non sempre significa recuperar a normalidade. Cada vez escoitamos falar de máis casos da chamada covid persistente. Afecta sobre todo as mulleres que sufriron a enfermidade e que meses despois seguen con síntomas propios da doenza.

Chis Oliveira contaxiouse de coronavirus a mediados de marzo e estivo 9 días ingresada en coma inducido. 8 meses despois, e malia ter unha recuperación excelente, segue padecendo síntomas da enfermidade, o que veñen denominando a covid persistente.

Camiñar é a mellor terapia para Chis. É catedrática de filosofía xubilada, referente no eido da educación sexual e autora dun best seller neste campo. Manterse intelectualmente activa tamén lle axuda.

Chis séntese en débeda coa sanidade pública, que asegura lle salvou a vida. En agradecemento colabora con varios proxectos de investigación sobre a covid que desenvolven no hospital Álvaro Cunqueiro.

Tamén lanza unha chamada á responsabilidade pra facerlle fronte á pandemia.

Noticias web

08/12/2020