CRTVG

Buscar

Covid-19 é unha infección leve que afecta máis os homes

Publicado o 18/02/2020 21:16

COVID-19 xa ten mapa xenético. Dous meses despois de ser detectado, os cientíicos chineses semellan comprender mellor como actúa o virus:
Saben que se trata dunha infección leve no 80% dos casos,
Que as persoas con problemas de corazón e diabetes, e os anciáns son os sectores da poboación con maior risco.

Ningún neno menor de 9 anos morreu e só dúas vítimas de cada mil teñen menos de 40 anos. A maioría son homes.
Os estudo, o máis completo divulgado ata agora, recolle datos ata o dia 11 de febreiro, cando xa se alcanzara, segundo os investigadores, o pico da epidemia.

Fala de tres mil profesionais sanitarios infectados.
Son os novos heroes chineses. Atenderon enfermos, moitas veces sen protección suficiente, durante quendas interminables. Traballan seis horas seguidas. Nese tempo non poden comer nin beber nin sequera ir ao baño.
Morreron 7. O último, hoxe mesmo, o director do hospital máis importante de Wuhan.

En total son xa 1.868 as vítimas mortais do coronavirus. O número de contaxios diarios baixou de 2.000 por primeira vez.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020